+0034 986 551 107 info@opp20.com

A OPP20 celebrou novos obradoiros de cociña saudable con marisco e algas de A Illa

Set 22, 2025Noticias Gal

Durante os meses de maio e setembro de 2025, a Organización de Produtores OPP20 impulsou un novo ciclo de obradoiros de cociña saudable con marisco e algas locais, enmarcados no seu Plan de Produción e Comercialización, co obxectivo de promover unha alimentación equilibrada e dar a coñecer os produtos do mar de A Illa de Arousa.

Obradoiros infantís en colaboración co CEIP Torre Illa

Os días 6, 7, 8, 21, 22 e 23 de maio, celebráronse os obradoiros infantís na antiga lonxa da Illa, en colaboración co CEIP Torre Illa. Participaron 11 clases, desde 1º ata 6º de Educación Primaria, cunha media de entre 15 e 20 nenos e nenas por grupo, é dicir, arredor de 200. A actividade foi conducida por Mariví Pérez, cociñeira do Chiringuito Coco Bao, e estivo orientada a experimentar con novos sabores a través do xogo e a manipulación de alimentos.
Os máis pequenos elaboraron masa de pizza con wakame e prepararon espagueti de mar rebozado, descubrindo así a diversidade de algas comestibles presentes no seu contorno.

Obradoiros para adultos en setembro

Xa no mes de setembro, os días 16, 17 e 18, celebráronse os obradoiros para persoas adultas na cociña do Chiringuito Coco Bao, cun total de 32 asistentes. Nestes encontros, tamén dirixidos por Mariví Pérez, presentáronse receitas saudables e innovadoras elaboradas con produtos frescos da OPP20, como:

  • Risotto de ameixas

  • Langostinos con espagueti de mar

  • Ceviche de longueirón

  • Hummus con wakame

Estes pratos puxeron en valor produtos como a ameixa rubia, o longueirón, o espagueti de mar (Himanthalia elongata) e o wakame (Undaria pinnatifida), todos eles procedentes do marisqueo sustentable da Illa.

Todas as receitas elaboradas durante os obradoiros están dispoñibles na sección específica da web da OPP20:
Obradoiros de Cociña Saudable | OPP20

Esta acción forma parte das actividades de posta en valor do marisqueo e dos seus produtos, cofinanciadas pola Xunta de Galicia e a Unión Europea.

A OPP20 abre as inscricións para os Talleres de Cociña Saudable con marisco e algas da Illa

Os obradoiros para adultos celebraranse os días 15, 16 e 17 de setembro no Chiringo Coco Bao, con receitas elaboradas con reló,...

Ameixa rubia, unha especie de referencia na Lonxa do Xufre

Os datos de trazabilidade permiten coñecer a evolución da súa comercialización e poñer en valor unha especie que volverá ser...

A lonxa do Xufre recupera a actividade no segundo trimestre tras un inicio de ano marcado polas choivas

A evolución das vendas na lonxa do Xufre durante o primeiro semestre de 2026 reflicte con claridade como as condicións...

A nécora regresa á Lonxa do Xufre tras o remate da veda biolóxica

A reapertura da campaña permite volver comercializar un dos crustáceos máis apreciados de Galicia baixo un modelo de explotación...

A OPP20 achega a limpeza e rexeneración dos bancos marisqueiros ao alumnado da Illa

Escolares do CEIP Torre Illa participan xunto a mariscadoras e persoal da OPP20 en actividades de educación ambiental nos bancos...

A OPP20 analiza a evolución da comercialización na Lonxa do Xufre durante o primeiro cuadrimestre de 2026

As algas consolídanse como un recurso clave nun inicio de ano marcado polas choivas e a paralización parcial do marisqueo A...

Que son as toxinas mariñas e por que se pechou o marisqueo de bivalvos?

A presenza de toxina lipofílica obriga ao peche temporal do marisqueo de bivalvos na Illa de Arousa desde mediados de maio A...

A OPP20 impulsa talleres infantís de cociña saudable con marisco e algas para 190 escolares da A Illa

A OPP20 desenvolveu talleres infantís de cociña saudable con marisco e algas para 190 escolares do CEIP Torre Illa os días 6, 7,...

Coñecer os ciclos biolóxicos das especies: clave para coidar o recurso e reforzar a trazabilidade

Durante os meses de marzo e abril de 2026, a OPP20 desenvolveu distintas publicacións divulgativas centradas no coñecemento dos...

As choivas e o impacto no marisqueo da Illa de Arousa durante os primeiros meses de 2026

A actividade comercial da Lonxa do Xufre durante os primeiros meses de 2026 reflicte a evolución habitual da campaña...