+0034 986 551 107 info@opp20.com

Nova sección en redes sociais: “QUE HAI ESTA SEMANA NA LONXA?”

Xuñ 9, 2025Noticias Gal

Esta semana arrancamos unha nova iniciativa desde a OPP20 para reforzar a comunicación directa co público: a sección “QUE HAI ESTA SEMANA NA LONXA?”, unha publicación semanal a través das redes sociais da organización que informa das especies de mariscos e algas dispoñibles para a venda na lonxa do Xufre.

Esta acción coincide coa volta á actividade das mariscadoras e mariscadores a pé tras a parada obrigatoria, e pretende manterse de forma regular ata final de ano.

Obxectivo: información directa e actualizada

Con esta sección, a OPP20 pretende:

  • Manter informados aos clientes habituais da lonxa

  • Ofrecer información clara e accesible ao consumidor final

  • Reforzar a transparencia e trazabilidade dos produtos da organización

Mariscos e algas con procedencia garantida

Cada publicación incluirá as especies que se prevé que estean dispoñibles na lonxa esa semana, todas procedentes de extracción sustentable a través de marisqueo a pé, a flote ou mergullo. Exemplos de especies que poderán aparecer son:

  • Ameixa babosa, xaponesa e rubia

  • Berberechos, carneiro, reló

  • Algas como kombu e wakame

Onde ver as publicacións

Poderás seguir a sección cada semana en:

Tamén iremos actualizando contidos relacionados na nosa web, dentro da campaña de información ao consumidor enmarcada no Plan de Produción e Comercialización 2025.

O mar que nos alimenta, con información e confianza

Desde a OPP20 seguimos traballando para garantir que o marisco e as algas de A Illa cheguen aos pratos co valor engadido do respecto ao mar, á sustentabilidade e á transparencia.

Toda a información en www.opp20.com

As algas, un recurso cada vez máis importante para a OPP20

Os datos de trazabilidade e comercialización amosan o peso das algas na actividade da Lonxa do Xufre e permiten coñecer a...

A OPP20 consolida os Talleres de Cociña Saudable para achegar os produtos do mar da Illa á poboación

O reló, o wakame e o codium protagonizaron as tres xornadas para adultos celebradas os días 15, 16 e 17 de setembro A...

A OPP20 pecha con éxito a IV edición de O Mar en Tapas

A iniciativa reuniu durante os días 12 e 13 de setembro a dez establecementos da Illa de Arousa, con arredor de 4.000 tapas...

A OPP20 abre as inscricións para os Talleres de Cociña Saudable con marisco e algas da Illa

Os obradoiros para adultos celebraranse os días 15, 16 e 17 de setembro no Chiringo Coco Bao, con receitas elaboradas con reló,...

Ameixa rubia, unha especie de referencia na Lonxa do Xufre

Os datos de trazabilidade permiten coñecer a evolución da súa comercialización e poñer en valor unha especie que volverá ser...

A lonxa do Xufre recupera a actividade no segundo trimestre tras un inicio de ano marcado polas choivas

A evolución das vendas na lonxa do Xufre durante o primeiro semestre de 2026 reflicte con claridade como as condicións...

A nécora regresa á Lonxa do Xufre tras o remate da veda biolóxica

A reapertura da campaña permite volver comercializar un dos crustáceos máis apreciados de Galicia baixo un modelo de explotación...

A OPP20 achega a limpeza e rexeneración dos bancos marisqueiros ao alumnado da Illa

Escolares do CEIP Torre Illa participan xunto a mariscadoras e persoal da OPP20 en actividades de educación ambiental nos bancos...

A OPP20 analiza a evolución da comercialización na Lonxa do Xufre durante o primeiro cuadrimestre de 2026

As algas consolídanse como un recurso clave nun inicio de ano marcado polas choivas e a paralización parcial do marisqueo A...

Que son as toxinas mariñas e por que se pechou o marisqueo de bivalvos?

A presenza de toxina lipofílica obriga ao peche temporal do marisqueo de bivalvos na Illa de Arousa desde mediados de maio A...