+0034 986 551 107 info@opp20.com

A OPP20 novamente implicada co coidado do medio ambiente

Ago 31, 2023Noticias Gal

Reparto de material para a sensibilización dos máis maiores a pé de praia.

Este verán a OPP20 levou a cabo varias iniciativas para a concienciación sobre a importancia do coidado do medio ambiente, concretamente o medio mariño e os recursos asociados ó mesmo.

Se o mes pasado vos contabamos da acción de sensibilización co público infantil, Mar e Illa, hoxe vimos mostrarvos as actuacións informativas levadas a cabo co público sénior promovidas tanto dende a Confraría da Illa como dende a OPP20 como parte do proxecto PLANCTON de AFundación, do cal xa vos falaramos anteriormente (NOVA).

Estas actuacións nomeadas “Goza da praia sen deixar pegada” deron comezo en Punta Carreirón, onde se colocaron paneis informativos. Ó longo do verán leváronse a cabo percorridos polas praias da Illa de Arousa a cargo das mariscadoras da OPP onde se informaba ós turistas sobre as consecuencias de tirar lixo nas praias e no entorno mariño e se repartiron bolsas para a recollida deste, folletos informativos e cinceiros portátiles.

A iniciativa estendeuse ó resto de Galicia e incluso a outras comunidades autónomas, sendo a OPP20 pioneira na mesma, como parte das súas accións de sensibilización como a iniciativa BASURA MARINA (que deu lugar á actual) e a acción desenvolvida entre os seus socios e socias no ano 2022 para a recollida de cabichas repartindo cinceiros portátiles da OPP e con paneis informativos na lonxa e na sede da entidade.

Esta é outra mostra máis do compromiso da OPP20 co medio ambiente e o seu coidado para o futuro da súa actividade.

A OPP20 abre as inscricións para os Talleres de Cociña Saudable con marisco e algas da Illa

Os obradoiros para adultos celebraranse os días 15, 16 e 17 de setembro no Chiringo Coco Bao, con receitas elaboradas con reló,...

Ameixa rubia, unha especie de referencia na Lonxa do Xufre

Os datos de trazabilidade permiten coñecer a evolución da súa comercialización e poñer en valor unha especie que volverá ser...

A lonxa do Xufre recupera a actividade no segundo trimestre tras un inicio de ano marcado polas choivas

A evolución das vendas na lonxa do Xufre durante o primeiro semestre de 2026 reflicte con claridade como as condicións...

A nécora regresa á Lonxa do Xufre tras o remate da veda biolóxica

A reapertura da campaña permite volver comercializar un dos crustáceos máis apreciados de Galicia baixo un modelo de explotación...

A OPP20 achega a limpeza e rexeneración dos bancos marisqueiros ao alumnado da Illa

Escolares do CEIP Torre Illa participan xunto a mariscadoras e persoal da OPP20 en actividades de educación ambiental nos bancos...

A OPP20 analiza a evolución da comercialización na Lonxa do Xufre durante o primeiro cuadrimestre de 2026

As algas consolídanse como un recurso clave nun inicio de ano marcado polas choivas e a paralización parcial do marisqueo A...

Que son as toxinas mariñas e por que se pechou o marisqueo de bivalvos?

A presenza de toxina lipofílica obriga ao peche temporal do marisqueo de bivalvos na Illa de Arousa desde mediados de maio A...

A OPP20 impulsa talleres infantís de cociña saudable con marisco e algas para 190 escolares da A Illa

A OPP20 desenvolveu talleres infantís de cociña saudable con marisco e algas para 190 escolares do CEIP Torre Illa os días 6, 7,...

Coñecer os ciclos biolóxicos das especies: clave para coidar o recurso e reforzar a trazabilidade

Durante os meses de marzo e abril de 2026, a OPP20 desenvolveu distintas publicacións divulgativas centradas no coñecemento dos...

As choivas e o impacto no marisqueo da Illa de Arousa durante os primeiros meses de 2026

A actividade comercial da Lonxa do Xufre durante os primeiros meses de 2026 reflicte a evolución habitual da campaña...