+0034 986 551 107 info@opp20.com

A OPP20 traballa na total transparencia para o consumidor final

Dec 24, 2024Noticias Gal

  • 11 paneis na lonxa do Xufre, 11 carteis na aula O Canto do Mar e folletos informativos na sede e e na lonxa para informar a clientes e ao consumidor final.
  • 4 vídeos que mostran dende a recolección ata a venda final e publicacións explicativas de cada especie para RRSS que pretenden poñer en valor os produtos da OPP20 a través da trazabilidade ao consumidor final.
  • Unha acción de información aos consumidores incluída no seu Plan de Produción e Comercialización financiado pola Xunta de Galicia e a Unión Europea.

A Organización de Produtores de Marisco e Cultivos Mariños da Provincia de Pontevedra, OPP20, que representa aos mariscadores e mariscadoras da Illa de Arousa, deseñou un total de 11 paneis explicativos das súas especies principais, ameixas, algas, crustáceos e solénidos, para a lonxa do Xufre e para a aula de interpretación O Canto do Mar. Tamén deseñou folletos explicativos destinados a ambos lugares, para entregar aos clientes e á cidadanía en xeral.

Sen embargo, o groso desta iniciativa estivo nas RRSS onde se alcanzaron más de 15 mil visualizacións en Instagram cun alcance de máis de 7 mil persoas, mentres que en Facebook as visualizacións foron máis de 55 mil e as persoas alcanzadas máis de 34 mil. Pódese entrever con estes datos un pouco o alcance que tivo esta acción para fomentar a trazabilidade da orixe dos produtos da OPP20 e como se leva o proceso ata a súa venda, incluíndo unha sección web onde se poden consultar as embarcacións e mariscadoras a pé que traballan para a OPP.

Tamén queremos destacar as certificacións que avalan estes produtos, como pode ser o selo CRAEGA de agricultura ecolóxica para as algas, o selo PescadeRías que certifica orixe das Rías Galegas, e polo tanto, produto de proximidade, e por suposto, a marca propia, Marisco de A Illa, que certifica que é produto da OPP20. Estes selos inclúense nas etiquetas que acompañan ao produto dende a súa clasificación na lonxa do Xufre, tras pasar previamente polos debidos puntos de control de tamaño e topes diarios, ata a súa saída trala compra por parte dos comercializadores autorizados a mercar nesta lonxa.

Toda a información queda debidamente rexistrada de forma dixital a través do programa Xesmar que permite saber os produtores e produtoras que recolleron produto cada día, en que banco marisqueiro o fixeron, e cantos kilogramos extraeron de cada unha das especies para as que tivesen permiso de recollida en cada data concreta. Tamén quedan despois dixitalizados os datos no software de lonxa da empresa líder en software de lonxas SAECDATA, tras a súa clasificación, onde para cada lote se sabe de onde procede cada especie, e polo tanto é perfectamente verificable a súa trazabilidade dende a orixe ata os comercializadores.

A poxa é poxa á baixa, é dicir, comézase nun prezo marcado pola OPP segundo a especie e a época do ano, que vai baixando ata que algún comprador para a poxa no prezo que lle interesa. Este proceso ten lugar de forma electrónica, é dicir, os prezos vense en pantallas e páranos os compradores e compradoras autorizados, que teñen un pulsador ligado ao sistema de poxa electrónica que figura na pantalla. Unha vez que se para o prezo, o comprador selecciona os lotes que quere desa especie a ese precio e persoal da OPP con lectores electrónicos das etiquetas, ligan os lotes elixidos ao comprador que parou a poxa.

Todo o proceso está dixitalizado, dende os puntos de control en terra para o marisqueo a pé, e no mar para o marisqueo a flote, pasando pola clasificación e loteado, ata a poxa e venda do marisco e algas da Illa, permitindo a trazabilidade total do produto ata que sae da lonxa do Xufre.

Esta información é a que se fixo chegar ao consumidor, o alto grado de compromiso da OPP20 coa trazabilidade dos seus produtos, e como a leva a cabo, a través da presente acción do seu Plan de Produción e Comercialización.

As algas, un recurso cada vez máis importante para a OPP20

Os datos de trazabilidade e comercialización amosan o peso das algas na actividade da Lonxa do Xufre e permiten coñecer a...

A OPP20 consolida os Talleres de Cociña Saudable para achegar os produtos do mar da Illa á poboación

O reló, o wakame e o codium protagonizaron as tres xornadas para adultos celebradas os días 15, 16 e 17 de setembro A...

A OPP20 pecha con éxito a IV edición de O Mar en Tapas

A iniciativa reuniu durante os días 12 e 13 de setembro a dez establecementos da Illa de Arousa, con arredor de 4.000 tapas...

A OPP20 abre as inscricións para os Talleres de Cociña Saudable con marisco e algas da Illa

Os obradoiros para adultos celebraranse os días 15, 16 e 17 de setembro no Chiringo Coco Bao, con receitas elaboradas con reló,...

Ameixa rubia, unha especie de referencia na Lonxa do Xufre

Os datos de trazabilidade permiten coñecer a evolución da súa comercialización e poñer en valor unha especie que volverá ser...

A lonxa do Xufre recupera a actividade no segundo trimestre tras un inicio de ano marcado polas choivas

A evolución das vendas na lonxa do Xufre durante o primeiro semestre de 2026 reflicte con claridade como as condicións...

A nécora regresa á Lonxa do Xufre tras o remate da veda biolóxica

A reapertura da campaña permite volver comercializar un dos crustáceos máis apreciados de Galicia baixo un modelo de explotación...

A OPP20 achega a limpeza e rexeneración dos bancos marisqueiros ao alumnado da Illa

Escolares do CEIP Torre Illa participan xunto a mariscadoras e persoal da OPP20 en actividades de educación ambiental nos bancos...

A OPP20 analiza a evolución da comercialización na Lonxa do Xufre durante o primeiro cuadrimestre de 2026

As algas consolídanse como un recurso clave nun inicio de ano marcado polas choivas e a paralización parcial do marisqueo A...

Que son as toxinas mariñas e por que se pechou o marisqueo de bivalvos?

A presenza de toxina lipofílica obriga ao peche temporal do marisqueo de bivalvos na Illa de Arousa desde mediados de maio A...