+0034 986 551 107 info@opp20.com

Os máis cativos da Illa xa coñecen “O Canto do Mar”

Feb 28, 2023Noticias Gal

O CEIP Torre Illa colabora coa OPP20 para organizar as visitas dos máis cativos da Illa á aula de interpretación inaugurada en outubro de 2021.

Dende a súa inauguración, pola aula #OCantodoMar pasaron maiores e cativada para desfrutar aprendendo a historia e a actualidade dunha actividade de vital importancia en Galicia, pero máis se cabe no entorno da Illa de Arousa porque é o sustento económico dunha gran parte dos seus fogares. 

Se o alumnado da Escola Superior de Hostalería de Galicia quedou encantado coa súa visita, o do CEIP Torre Illa xa é asiduo visitante deste recuncho cheo de información, ferramentas e utensilios da actividade que desenvolven os produtores e produtoras da OPP20 no seu día a día, ou asociados á historia do mar na Arousa. 

Alumnado do CEIP Torre Illa en O Canto do Mar.

Así, os máis cativos veñen visitar a aula, desfrutando dunhas horas de aprendizaxe demostrativa, con moitísimo estímulo audiovisual e explicacións de primeira man dos expertos e expertas do marisqueo que forman a gran familia da Organización de Produtores. Vídeos, charlas explicativas, traballo manual con cunchas ou incluso con marisco vivo se é posible, e tamén sensibilización polo coidado do medio mariño traballando co material de SENSIMAR, outra gran iniciativa da OPP20, son varias das actividades que o alumnado do CEIP Torre Illa realiza nas súas visitas a #OCantodoMar. 

Medición de tallas do marisco.

Pola aula pasou xa o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de primaria. Máis de 100 cativos e cativas que se mostraron totalmente participativos e ávidos de coñecemento nestas xornadas tan fermosas de aprendizaxe conxunta entre o sector marisqueiro e os centros educativos.

Seguimos con emoción mostrando ó mundo a importancia da nosa actividade!

 

A OPP20 coida dos recursos marisqueiros da Illa de Arousa

Mariscadoras e mariscadores da OPP20 colaboran asiduamente en labores de coidado dos bancos marisqueiros nos que realizan a súa...

Mariscadoras á fronte da dirección da OPP20, con rumbo a un futuro sostible

Mulleres e mar na Arousa sempre foron da man. Mulleres, mar e familia, unha tríade inseparable que conforman o xugo mesmo que...

Unha praga que afecta ó marisqueo, a Ouxa

A ouxa é unha raia coñecida tamén como aguia mariña e co nome científico de Myliobatis aquila. Está incluída no listado de...

LONXA DO XUFRE, A INNOVACIÓN FEITA REALIDADE

A Organización de Produtores de Marisco e Cultivos Mariños da Provincia de Pontevedra (OPP20) inaugurou este venres 23 de...

A OPP-20 entrega material ao IES de A Illa para o seu laboratorio de ciencias.

Dende a OPP - 20 seguimos levando a cabo iniciativas sociais, como a colaboración con centros de ensinanza de A Illa, polo que...

“Marisco de A Illa, o segredo do bo gastrónomo”, a campaña de promoción 2022 da OPP20.

A campaña 2022 da OPP20 foi presentada o 21 de novembro en Santiago de Compostela no Centro Superior de Hostalería de Galicia...

A OPP20  INAUGURA UNHA AULA DE INTERPRETACIÓN DO MARISQUEO DA ILLA DE AROUSA “O CANTO DO MAR” DA OPP20

A Illa de Arousa, 21 de outubro de 2022. A Organización de Produtores de Marisco e Cultivos Mariños da Provincia de Pontevedra...

A OPP20 chega a case 200 persoas a través de SENSIMAR

A OPP20 pecha as actividades de SENSIMAR A PÉ DE PRAIA cun total de 134 nenos e nenas sensibilizados e medio centenar de...

Sensimar, a iniciativa coa cal a OPP20 conciencia sobre o coidado dos bancos marisqueiros

A Fundación Biodiversidade puxo en marcha en 2020 o proxecto «Sensimar» coa elaboración dun estudo sobre os bancos marisqueiros...

A OPP20 presenta na FEIRA SALIMAT ABANCA un mar de tradicións e sabores

A OPP20 colaborou esta tarde na programación de catas e degustacións de produtos do mar de Galicia organizadas pola Consellería...