
A OPP20 crea a marca MARISCO DE A ILLA para a mellora da comercialización dos seus produtos en lonxa e para a realización de accións de promoción para aumentar o seu consumo.
A diferenciación do produto de a Illa no mercado asociado a un selo identificativo, permitirá á OPP20 poñer en valor bivalvos e crustáceos extraídos polos seus produtores e produtoras.
A marca conta con web propia, www.mariscodeailla.com, onde se recolle a información asociada a esta iniciativa enmarcada no PPeC 2021 da OPP20, cofinanciado polo FEMP e pola Xunta de Galicia.
Tamén se recollen na web todas as accións de promoción executadas ou en execución respecto ós produtos da OPP baixo o paraügas da marca creada.
Estade atentos e atentas ás nosas novas e visitade a web de MARISCO DE A ILLA para non perdervos ningunha das nosas iniciativas!