+0034 986 551 107 info@opp20.com

A Xunta defende que a xubilación das mulleres do mar se equipare á doutros colectivos con máis presenza masculina

Abr 22, 2022Noticias Gal

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, defende a necesidade de modificar os coeficientes redutores da idade de xubilación das mulleres que traballan no sector marítimo-pesqueiro para igualar os daquelas actividades do sector no que a presenza masculina é maioritaria. A medida, ao seu xuízo, serviría para compensar o duro traballo destes profesionais, como as mariscadoras ou as redeiras, e eliminar as diferenzas existentes na actualidade.

Así o indicou a conselleira nunha reunión mantida en Santiago coa Asociación Nacional de Mulleres Pesqueiras (Anmupesca), na que tamén participou a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella.

Rosa Quintana lembrou que a Xunta defende esta modificación dende 2019 e recentemente trasladase ao Goberno central unha proposición non de lei do Parlamento de Galicia na que se insta a iniciar o proceso de revisión dos coeficientes redutores da xubilación e adaptalos aos as circunstancias actuais da frota e da actividade marítimo-pesqueira, marisqueira e acuícola. En definitiva, reclama que estes parámetros se adapten “segundo o risco ou o recoñecemento de enfermidades profesionais propias da rutina laboral”, sinala Mar nun comunicado.

Ademais de constituír un gran paso no recoñecemento da profesionalización da muller, “conseguiría que as vindeiras xeracións se sintan atraídas por este tipo de actividades, aludindo á importancia de asegurar a remuda xeracional neste sector”. Por iso, agradeceu o traballo desenvolvido pola Anmupesca a prol da igualdade salarial entre homes e mulleres, así como a mellora da conciliación da vida laboral e familiar.

As algas, un recurso cada vez máis importante para a OPP20

Os datos de trazabilidade e comercialización amosan o peso das algas na actividade da Lonxa do Xufre e permiten coñecer a...

A OPP20 consolida os Talleres de Cociña Saudable para achegar os produtos do mar da Illa á poboación

O reló, o wakame e o codium protagonizaron as tres xornadas para adultos celebradas os días 15, 16 e 17 de setembro A...

A OPP20 pecha con éxito a IV edición de O Mar en Tapas

A iniciativa reuniu durante os días 12 e 13 de setembro a dez establecementos da Illa de Arousa, con arredor de 4.000 tapas...

A OPP20 abre as inscricións para os Talleres de Cociña Saudable con marisco e algas da Illa

Os obradoiros para adultos celebraranse os días 15, 16 e 17 de setembro no Chiringo Coco Bao, con receitas elaboradas con reló,...

Ameixa rubia, unha especie de referencia na Lonxa do Xufre

Os datos de trazabilidade permiten coñecer a evolución da súa comercialización e poñer en valor unha especie que volverá ser...

A lonxa do Xufre recupera a actividade no segundo trimestre tras un inicio de ano marcado polas choivas

A evolución das vendas na lonxa do Xufre durante o primeiro semestre de 2026 reflicte con claridade como as condicións...

A nécora regresa á Lonxa do Xufre tras o remate da veda biolóxica

A reapertura da campaña permite volver comercializar un dos crustáceos máis apreciados de Galicia baixo un modelo de explotación...

A OPP20 achega a limpeza e rexeneración dos bancos marisqueiros ao alumnado da Illa

Escolares do CEIP Torre Illa participan xunto a mariscadoras e persoal da OPP20 en actividades de educación ambiental nos bancos...

A OPP20 analiza a evolución da comercialización na Lonxa do Xufre durante o primeiro cuadrimestre de 2026

As algas consolídanse como un recurso clave nun inicio de ano marcado polas choivas e a paralización parcial do marisqueo A...

Que son as toxinas mariñas e por que se pechou o marisqueo de bivalvos?

A presenza de toxina lipofílica obriga ao peche temporal do marisqueo de bivalvos na Illa de Arousa desde mediados de maio A...