+0034 986 551 107 info@opp20.com

A OPP20 consolida os Talleres de Cociña Saudable para achegar os produtos do mar da Illa á poboación

Set 22, 2026Noticias Gal

O reló, o wakame e o codium protagonizaron as tres xornadas para adultos celebradas os días 15, 16 e 17 de setembro

A Organización de Produtores Pesqueiros OPP20 – Marisco de A Illa pechou cunha moi boa acollida unha nova edición dos Talleres de Cociña Saudable para adultos, celebrados os días 15, 16 e 17 de setembro no Chiringo Coco Bao, na Illa de Arousa.

A iniciativa forma parte da liña de traballo que a organización desenvolve para promover o consumo dos produtos da OPP20, fomentar hábitos alimentarios saudables e aumentar o coñecemento dos recursos mariños locais, especialmente daquelas especies que son menos habituais na cociña diaria ou sobre as que existe un menor coñecemento á hora de preparalas.

Un total de 37 persoas participaron nas tres xornadas, con 11 asistentes na primeira sesión e 13 en cada unha das dúas seguintes. Durante aproximadamente catro horas por xornada, as persoas participantes puideron coñecer os produtos seleccionados, aprender novas formas de preparalos e participar na elaboración e degustación das diferentes propostas.

Nesta edición, o reló, o wakame e o codium foron os principais protagonistas. Entre as receitas preparadas durante os talleres estiveron o gazpacho de wakame e osmundea, os reloxos aderezados con allo branco e os crocantes de arroz con ali-oli de aguacate e codium.

A través dunha proposta eminentemente práctica, os talleres permiten achegar á poboación produtos como as algas comestibles ou determinados mariscos que, a pesar do seu valor gastronómico, non sempre forman parte da cociña cotiá. A aprendizaxe sobre as especies, as súas formas de preparación e a posterior degustación buscan favorecer o seu coñecemento, consumo e valorización.

Unha iniciativa que medra desde 2024

A OPP20 iniciou esta liña de traballo en 2024 coa organización dos primeiros talleres de cociña para persoas adultas. A experiencia permitiu comprobar o interese do público pola aprendizaxe práctica e pola experimentación con novas receitas elaboradas a partir de produtos locais.

En 2025, a iniciativa consolidouse coa continuidade dos talleres para adultos e a incorporación, por primeira vez, de actividades dirixidas ao público infantil. Naquela edición traballouse con distintas especies de marisco e algas da OPP20, entre elas a ameixa rubia, o longueirón, o espagueti de mar (Himanthalia elongata) e o wakame (Undaria pinnatifida).

En 2026 mantivéronse os dous formatos, para adultos e escolares. Antes das xornadas celebradas este mes de setembro, durante maio desenvolvéronse os Talleres de Cociña Saudable co alumnado de Educación Primaria do CEIP Torre Illa. Participaron un total de 190 alumnos e alumnas de todos os cursos de Primaria, que traballaron coa ameixa rubia, a leituga de mar e o wakame e participaron na preparación de diferentes receitas adaptadas á súa idade.

A combinación dos dous formatos permite á OPP20 achegar os produtos do mar da Illa de Arousa a públicos de diferentes idades e dar continuidade a unha acción que combina divulgación, alimentación saudable, aprendizaxe práctica e promoción dos recursos mariños locais.

Promoción e valorización dos produtos da OPP20

A boa acollida das tres sesións para adultos celebradas en setembro reforza a continuidade dunha iniciativa que chega á súa terceira edición. O contacto directo cos produtos e a elaboración práctica das receitas permiten mostrar a variedade e versatilidade do marisco e das algas comercializadas pola OPP20 e ofrecer ferramentas para incorporalos á alimentación habitual.

Os Talleres de Cociña Saudable forman parte da medida 202620S3M07, «Talleres de cociña para a promoción dos produtos», integrada no Plan de Produción e Comercialización (PPeC) 2026 da OPP20 e vinculada ao obxectivo de preparación e realización de campañas para promover os produtos da pesca.

O Plan de Produción e Comercialización 2026 da OPP20 está cofinanciado pola Xunta de Galicia e o Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA).

As algas, un recurso cada vez máis importante para a OPP20

Os datos de trazabilidade e comercialización amosan o peso das algas na actividade da Lonxa do Xufre e permiten coñecer a...

A OPP20 pecha con éxito a IV edición de O Mar en Tapas

A iniciativa reuniu durante os días 12 e 13 de setembro a dez establecementos da Illa de Arousa, con arredor de 4.000 tapas...

A OPP20 abre as inscricións para os Talleres de Cociña Saudable con marisco e algas da Illa

Os obradoiros para adultos celebraranse os días 15, 16 e 17 de setembro no Chiringo Coco Bao, con receitas elaboradas con reló,...

Ameixa rubia, unha especie de referencia na Lonxa do Xufre

Os datos de trazabilidade permiten coñecer a evolución da súa comercialización e poñer en valor unha especie que volverá ser...

A lonxa do Xufre recupera a actividade no segundo trimestre tras un inicio de ano marcado polas choivas

A evolución das vendas na lonxa do Xufre durante o primeiro semestre de 2026 reflicte con claridade como as condicións...

A nécora regresa á Lonxa do Xufre tras o remate da veda biolóxica

A reapertura da campaña permite volver comercializar un dos crustáceos máis apreciados de Galicia baixo un modelo de explotación...

A OPP20 achega a limpeza e rexeneración dos bancos marisqueiros ao alumnado da Illa

Escolares do CEIP Torre Illa participan xunto a mariscadoras e persoal da OPP20 en actividades de educación ambiental nos bancos...

A OPP20 analiza a evolución da comercialización na Lonxa do Xufre durante o primeiro cuadrimestre de 2026

As algas consolídanse como un recurso clave nun inicio de ano marcado polas choivas e a paralización parcial do marisqueo A...

Que son as toxinas mariñas e por que se pechou o marisqueo de bivalvos?

A presenza de toxina lipofílica obriga ao peche temporal do marisqueo de bivalvos na Illa de Arousa desde mediados de maio A...

A OPP20 impulsa talleres infantís de cociña saudable con marisco e algas para 190 escolares da A Illa

A OPP20 desenvolveu talleres infantís de cociña saudable con marisco e algas para 190 escolares do CEIP Torre Illa os días 6, 7,...