Os obradoiros para adultos celebraranse os días 15, 16 e 17 de setembro no Chiringo Coco Bao, con receitas elaboradas con reló, wakame e codium
A Organización de Produtores Pesqueiros OPP20 – Marisco de A Illa organiza unha nova edición dos seus Talleres de Cociña Saudable, nesta ocasión dirixidos a público adulto e centrados na elaboración de receitas con marisco e algas da Illa de Arousa.
As inscricións abriron o pasado venres, 4 de setembro, a través da web da OPP20. As prazas son limitadas, polo que as persoas interesadas deberán inscribirse previamente para poder participar nos obradoiros.
Os talleres celebraranse os días 15, 16 e 17 de setembro no Chiringo Coco Bao, en horario de 16:30 a 20:30 horas. Ao longo das tres xornadas, as persoas participantes poderán achegarse ás posibilidades culinarias dos produtos do mar da Illa e aprender diferentes elaboracións empregando reló, wakame e codium como protagonistas.
A iniciativa busca fomentar o coñecemento e o consumo dos produtos comercializados pola OPP20, mostrando alternativas para incorporar tanto o marisco como as algas mariñas a unha alimentación variada e saudable. A través dunha proposta práctica, os talleres permitirán coñecer mellor estes produtos, as súas posibilidades gastronómicas e diferentes formas de preparalos na cociña.
Esta nova actividade dá continuidade ás accións de promoción desenvolvidas pola OPP20 ao longo de 2026 para achegar os produtos do mar da Illa de Arousa ás persoas consumidoras e contribuír á súa valorización.
Inscrición previa e prazas limitadas
A participación require inscrición previa e as prazas dispoñibles son limitadas.
15, 16 e 17 de setembro
De 16:30 a 20:30 horas
Chiringo Coco Bao
Talleres para adultos
Receitas con reló, wakame e codium
✍️ Inscrición aberta desde o 4 de setembro
A actividade enmárcase no Plan de Produción e Comercialización (PPeC) 2026 da OPP20, cofinanciado pola Xunta de Galicia e o Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA).
