Tras a presentación da nosa campaña “Marisco de A Illa, tradición saudable”, puxemos en marcha un sorteo no noso Instagram.
Para participar tan só hai que:
1. Recoller un dos nosos folletos da campaña repartidos nas oficinas de Turismo de Galicia (A Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo), e nas prazas de abastos.
2. Tomar unha fotografía comendo marisco e con noso folleto en calquera restaurante de Galicia ou na túa casa.
3. Etiquétanos @opp20ailla e publica co hashtag #TradicionSaudable no teu INSTAGRAM.
A que máis nos guste terá recompensa!
Podedes enviar as vosas fotos ata o 15 de decembro e anunciaremos o gañador antes do 25.

Medida enmarcada no PPeC da OPP20 de 2020, cofinanciada polo FEMP e a Xunta de Galicia.
Comentarios recentes