Por resolución do 29 de decembro de 2025, aprobouse o Plan de xestión da sardiña con arte de xeito para o ano 2026, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
O apartado 7 da devandita resolución, pola que se aproba o Plan de xestión da sardiña con arte de xeito, establece o seguinte:
«7. Topes de captura
Para o trimestre de xaneiro, febreiro e marzo contémplase un tope máximo total (para os tres meses) de 20 toneladas.
Establécese unha cota de 100 kg por tripulante embarcado e día, á que se lle engadirán 100 kg por embarcación e día.»
RESOLVE:
Modificar o apartado 7 do Plan de xestión da sardiña con arte de xeito para o ano 2026, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, que queda redactado como segue:
«7. Topes de captura
Establécese unha cota de 80 kg por tripulante embarcado e día, á que se lle engadirán 80 kg por embarcación e día.»
A conselleira do Mar
P. D. Orde do 21 de febreiro de 2022 (DOG n.º 41, do 1 de marzo de 2022)
O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
Isaac Miguel Rosón Sánchez-Brunete
Comentarios recentes